A Noite das Bestas

07 feb

Xoves...

22:00

Quedamos na plaza do Concello, de lado do Teatro Princial.

Imos a unha sala...

E vemos as escenas mais brutas, salvaxes, enfermizas... películas prohibidas en moitos paises.

Escenas que che farán soñar... se eres quén de durmir.

Noite de curtametraxes

 

As proxeccións das curtametraxes tiveron unha moi boa acollida.

Gracia Maestre, Gonzalo Valcárcel e Jorge Castro, contáronnos a súa experiencia no rodaxe e a proxección demostrou a calidade do seu traballo.

O ano que vén repetiremos a experiencia.

 

 

PANIC. Venres 01 Feb

Este venres empezamos ás 23:30 coas curtametraxes "HARDO" e "ABISMO".


Ao acabar poderemos ver a película "La Noche de Halloween, 2018"

 

Estrea de duas curtametraxes

O vindeiro venres 01 de febreiro, dentro da programación do Festival de cinema de Terror PANIC e antes da película “A Noite de Halloween” asistiremos á proxección de dúas curtametraxes.

Ambas teñen relación coa nosa vila xa que están protagonizadas por actores vinculados á Estrada, o coñecido por todos Gonzalo Valcárcel e a actual directora do INEM Gracia Maestre. Ademais no caso da curtametraxe “ABISMO” a dirección de fotografía corre a cargo do estradense Jorge Castro.

 

O Festival desde os seus inicios sempre tivo entre as súas prioridades o converterse en escaparate de traballos audiovisuais dos nosos veciños (todos os traballos das edicións anteriores están aloxados e poden ser visualizados na web panic. aestrada. com).

Nesta edición poderemos ver dous curtas que nos servirán como exemplo da evolución do audiovisual en Galicia, desde os traballos de videocreación de finais dos 80 coa emisión de “HARDO” aos ensaios actuais con curtametraxes de novos autores que poderían pasar a engrosar as filas do Novo Cinema Galego, tal é o caso de “ABISMO”.

A proxección das curtametraxes realizarase a partir das 23:30 en Minicines Central. 

HARDO (1991)

Dir.- TEO MANUEL ABAD
Protagonizado por GRACIA MAESTRE e ALFONSO AGRA.

Gravación histórica daquelas bocanadas finais dos tempos da videocreación galega de finais dos 80. Unha historia de ciencia ficción apocalíptica e sanguenta que conta entre os seus acertos cun deseño de vestiario a cargo do artista Miguel Anxo Prado.

 

 

ABISMO (2018)

Dir.- MAJO REINOSO
Cos estradenses GONZALO VALCÁRCEL como protagonista e JORGE CASTRO na dirección de fotografía.

Un home solitario fai as súas tarefas nunha casa afastada da cidade, pero un aviso radiofónico cambiará a súa vida para sempre. Unha historia de soidade en tempos próximos ao fin do mundo.

Contos de Medo e Aparecidos

Lois Pérez conseguiu o cheo coas súas historias de medo e aparecidos.


E as nosas felicitacións a Curi e Anxo polo estupendo escenario para o espectáculo.

Lois Pérez e a estupenda ambientación

Cheo!

Curi e Anxo xenios da escenografía