Escape Room 08 feb. 2020

Este é o aspecto final de nosa Escape Room de Terror.

A todos os que puidestes gozala, parabéns

Proceso de Montaxe da Escape Room

A Escape Room do día 8 foi un exitazo. Os afortunados que se atreveron a entrar gozaron como posesos.

Pero montala foi un proceso durísimo de traballo que abarcou varios días.

Con este vídeo vos podeis facer unha idea.

A Dona do Aserradoiro

Por fin podemos revelar o secreto da actividade "A Dona do Aserradoiro" e as súas moitas sorpresas.

Unha noite inesquecible.

E agradecemento infinito aos técnicos do Departamento de Cultura do Concello da Estrada. A Kike, Xosé Lueiro, Valentín (Curi) y Anxo, traballaron arreo, poñendo en perigo a súa integridade física (podo dar fe das súas mazaduras) para regalarnos unha auténtica noite meiga.

 

Gala Final PANIC 2020

O venres 07 de Febrero asistimos á Gala Final coa entrega de Premios nas categorías de foto e Curtametraxes.

Este é o Palmarés.

Mellor Curtametraxe.-     "Neno Bonito" de Fran X. Rodríguez

Curtas Seleccionadas.-     "A Visita" de Toño Pena

                                                     "No Fío", de Isaac Rivadulla

No centro, Fran X. Rodríguez, Gañador do Concurso de Curtametraxes coa súa obra "Neno Bonito". A súa dereita os membros de Gancho Producions

Marta Pereira e Toño Pena "A Visita"

 

Mellor Fotografía IES.- Jesús Martínez Carracedo

 

Accesit IES.-                       Carla Villaverde

 

 

 

 

Mellor Fotografía ABERTA.-  Daniel Pérez Domínguez

Jesús Martínez, Ganador Cat. IES y Daniel Pérez Ganador en Cat. Aberta