Blog

 

Out18

Editorial

Categories // Peliculas

Por que o cinema de terror?
Monstros, asasinos psicópatas, mortos viventes, maldicións, gore, pantasmas...
Que nos atrae deles?

Din os que pensan e repensan nestas cousas que o cinema de terror esperta os nosos instintos primarios, en realidade non estamos asustados ao ver a película, estamos excitados, e iso acrecenta o noso interese.
Hai outros que aseguran que o que verdadeiramente nos relaxa e nos leva a querer ver máis é o feito de comprobar, unha vez que saímos do cinema, que a nosa vida é bastante mellor que o cúmulo de barbaridades e desgrazas que acabamos de presenciar na pantalla.
Tamén están os que xuran que o mal está no noso interior... e é mellor velo nunha película que levalo a cabo na realidade.
Quen sabe, poida que haxa algo de certo en cada unha desas afirmacións.
Gústanos o cinema de terror.

É xenial aniñarse na butaca cun nó no estómago, atopamos pracer en non ver a película porque nos estamos tapando os ollos, en non escoitala porque baixamos o volume para evitar os sustos sonoros.
Non hai nada máis relaxante que o riso frouxo tras un susto enorme ou o típico "Pero que fillo de p... vaia susto apañei!"

Admiramos o escuro universo de xenios como H. R. Giger e os seus alien. A creatividade de Ray Harryhausen e os seus monstros de stop motion. As adaptacións das novelas de Stephen King. As solucións gore sanguentas de Tom Savini. Incluso a cutrez enxebre dos nosos garrulos lisérxicos.
Gústanos o cinema de terror.

E por iso merecemos o PANIC, o festival de cinema de terror da Estrada

Out17

Panic

Categories // Peliculas

7 background sin logo

 

<<  1 2 3 [4