Blog

 

Set30

Relatos de Terror

Categories // Peliculas

Se disfrutades cos relatos de terror, tendes un estupendo canal en youtube.

A sua creadora e Chus Nartallo. Unha rapaza estradense á que podedes ter escoitado en mais ocasións, xa que foi unha das voces de Radio Estrada durante anos.

Reláxate na oscuridade da tua habitación, ponte os cascos, regula o volume e disfruta... se podes.

https://www.youtube.com/channel/UCbC87irEpWdWXHyJXeBQVKQ

 

Mar07

El Punto Frío

Categories // Peliculas

Rematou a filmación nos bosques arredor de A Coruña dunha serie que en breve poderemos ver na plataforma PlayZ de TVE.

"El Punto frío", hoxe en Radio Estrada falamos con un dos seus creadores, Charly Arnaiz.

A temática da Santa Compaña está moi presente na serie y dese tema sabemos moita na Estrada e no noso festival PANIC.

Xan25

New York Times Terror

Categories // Peliculas

Para rematar un ano, o 2017,  cheo de grandes obras de Terror, o New York Times encargou a directora Floria Sigismondi a filmación dunhas curtas con grandes actores.

As veces en menos dun minuto podes contar algo terrorífico. 

Aquí temos algunhas mostras.

Nov07

Polaroid

Categories // Peliculas

"Polaroid" é unha curtametraxe dirixida por Joey Greene.

Hai pelis de terror que non dan tanto medo. Xenial!

 

Polaroid | Short Film 2017 from Joey Greene on Vimeo.

Out25

Obradoiro de relatos de medo

Categories // Peliculas

Memorias dun esquelete é un obradoiro de escritura creativa orientado a público adulto programado en 4 sesións e centrado no RELATO BREVE de TERROR, de 2 horas e media de duración cada unha, nas que se traballará de forma amena e dinámica con diferentes chaves e ferramentas da creación literaria, coa axuda de exemplos e materiais propostos e contando sempre coa supervisión, indicacións e consellos de MN Soutelo e Romina Bal, escritoras e formadoras de recoñecida traxectoria nos eidos literario e cultural galegos.
Adicionalmente, contaráse cunha (1) sesión de escenografía e técnicas vogais teatrais cun/cunha docente de experiencia notable no campo da dramaturxia.
O obxectivo central desta actividade é achegar a cada participante aos mecanismos propios da narrativa breve e, en particular, do xénero de terror, mellorar a capacidade comunicativa dos participantes, e estimular a súa creatividade e imaxinación a través da palabra escrita e lida.

Memorias dun esquelete -- obradoiro intensivo de relato curto de terror
Datas e horario: sábados 4, 11, 18 e 25 de Novembro, en horario de 11 a 13.30h 
Lugar: Casa das Letras – BPM A Estrada
Matrícula: 5€ (abonaránse no primeiro día de obradoiro)
Nº de prazas: 15 
A partir dos 14 anos
Inscricións: https://goo.gl/forms/sBNcv1LbuqChD7R03
+ INFO: 654 955 910 (whatsapp)

Out18

Editorial

Categories // Peliculas

Por que o cinema de terror?
Monstros, asasinos psicópatas, mortos viventes, maldicións, gore, pantasmas...
Que nos atrae deles?

Din os que pensan e repensan nestas cousas que o cinema de terror esperta os nosos instintos primarios, en realidade non estamos asustados ao ver a película, estamos excitados, e iso acrecenta o noso interese.
Hai outros que aseguran que o que verdadeiramente nos relaxa e nos leva a querer ver máis é o feito de comprobar, unha vez que saímos do cinema, que a nosa vida é bastante mellor que o cúmulo de barbaridades e desgrazas que acabamos de presenciar na pantalla.
Tamén están os que xuran que o mal está no noso interior... e é mellor velo nunha película que levalo a cabo na realidade.
Quen sabe, poida que haxa algo de certo en cada unha desas afirmacións.
Gústanos o cinema de terror.

É xenial aniñarse na butaca cun nó no estómago, atopamos pracer en non ver a película porque nos estamos tapando os ollos, en non escoitala porque baixamos o volume para evitar os sustos sonoros.
Non hai nada máis relaxante que o riso frouxo tras un susto enorme ou o típico "Pero que fillo de p... vaia susto apañei!"

Admiramos o escuro universo de xenios como H. R. Giger e os seus alien. A creatividade de Ray Harryhausen e os seus monstros de stop motion. As adaptacións das novelas de Stephen King. As solucións gore sanguentas de Tom Savini. Incluso a cutrez enxebre dos nosos garrulos lisérxicos.
Gústanos o cinema de terror.

E por iso merecemos o PANIC, o festival de cinema de terror da Estrada

Out17

Panic

Categories // Peliculas

7 background sin logo

 

<<  1 2 [3