Bases Fotografía

NORMAS

 

  • O Concurso de Fotografía PANIC é  unha iniciativa impulsada pola Concellería de Cultura do Concello da Estrada (Pontevedra) dentro das actividades programadas para o Festival de cine de Terror PANIC A ESTRADA.
  • As fotografías presentadas deberán ser exclusivamente do xénero de terror ou misterio. As fotografías que o xurado considere que non pertencen ás ditas temáticas non serán admitidas a concurso.
  • Cada participante poderá participar cun máximo de tres (3) fotografías.
  • As fotografías deberán ter sido realizadas con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2018.
  • Os/as fotógrafos/as participantes que utilicen nas súas obras a outras persoas como modelos, deberán ter a disposición do xurado as autorizacións de imaxe para a súa exhibición e reprodución no ámbito do concurso. A organización do concurso PANIC declina calquera responsabilidade con respecto a dereitos de imaxe correspondentes ás fotografías presentadas, a dita responsabilidade recae exclusivamente na persoa que se presenta no concurso como autor da obra.
  • As obras presentadas non poderán estar suxeitas a fotomontaxes.
  • O criterio do xurado valorará máis a creatividade e orixinalidade da fotografía presentada que a súa calidade técnica.

PARTICIPANTES

  • O concurso de Fotografía de Terror PANIC está dividido en dúas modalidade. Unha primeira dirixida aos alumnos dos IES da Estrada e comarca; e outra dirixida a persoas maiores de 18 anos.

DEREITOS DE AUTOR

  • A propiedade intelectual das obras presentadas será sempre do propio autor.
  • A organización resérvase o dereito de distribución e publicación das imaxes na web do Festival panic.aestrada.com, ou nun medio físico a efectos de promoción o exposición. En todo caso, sempre se fará referencia ao título e nome do autor da fotografía.
  • O participante responsabilizarase de posuír a propiedade intelectual das obras presentadas. Calquera reclamación formulada sobre a fotografía a concurso recaerá na persoa que se presente como autor desta.

INSCRICIÓN

  • As fotografías enviaranse en formato .JPG ao enderezo de correo electrónico da organización, indicando se pertence a CATEGORÍA IES ou a CATEGORÍA MAIORES 18 ANOS. Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. A dita organización farallas chegar aos membros do xurado.
  • As fotografías non deberán presentar título nin marca de auga que poida identificar ao autor.
  • Calquera fotografía que o xurado considere que non cumpre as normas destas bases quedará descartada.
  • O prazo de inscrición e presentación de fotografías finalizará o 31 de xaneiro de 2019.
  • As fotografías finalistas serán visionadas en pantalla grande durante a Gala final que terá lugar o 8 de febreiro ás 11.30 h en Minicnes Central, gala na que se lle entregará o premio á fotografía gañadora en cada modalidade.
  • O premio para a categoría dos IES terá unha contía de 150,00 en vales de compra, doada por ACOE. O premio para a categoría de maiores de 18 anos será dun importe de 150,00€, entregándose, en ambos os dous casos, un diploma acreditativo.

           

XURADO

  • O xurado do Concurso de Fotografía de Terror PANIC estará formado por tres membros. Dous deles recoñecidos fotógrafos pertencentes á FOG (Asociación Galega de Fotografía) e un terceiro pertencente á Organización do Festival PANIC.
  • A decisión do xurado será inapelable.
  • A participación neste concurso implica a aceptación da totalidade das súas bases.