Bases curtametraxes

BASES DE PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE CURTAMETRAXES “PANIC”

1.- O Concurso de curtametraxes PANIC A ESTRADA  é unha iniciativa impulsada polo Departamento de Cultura do Concello da Estrada (Pontevedra) dentro das actividades programadas para o Festival de cine de Terror PANIC.

2.- Poderá participar calquera persoa física, asociación ou grupo sen restrición de idade.

3.- As obras de ficción presentadas deberán ter temática de terror ou misterio.

4.- As obras presentadas poderán alcanzar unha duración máxima de 15 minutos, incluídos os títulos do inicio e créditos finais. Calquera obra que exceda esa duración quedará excluída do concurso.

5.- As curtametraxes presentadas deberán estar realizadas en idioma galego.

6.- Os traballos deberán presentarse a través da plataforma MOVIBETA ou serán enviados por correo ao Departamento de Cultura do Concello da Estrada en calquera formato dixital.

7.- A data límite de presentación de curtametraxes para esta Primeira Edición do Concurso será o 31 de xaneiro de 2019. Os traballos presentados deberán ter rematado a súa produción despois do 1 de xaneiro de 2018. Calquera traballo anterior a esa data será descartado no proceso de selección.

8.- O Departamento de Cultura do Concello da Estrada nomeará un xurado composto por tres persoas con experiencia no contexto audiovisual que serán as encargadas de avaliar os traballos, seleccionar os tres finalistas e premiar a curta gañadora. O premio será entregado nunha gala final que se celebrará o 8 de febreiro ás 23.30 h en Minicines Central e na que se visualizarán os traballos finalistas en pantalla grande.

9-A curtametraxe gañadora recibirá un premio único de 300,00 € e un diploma acreditativo.

10.-Será requisito indispensable para recibir o premio, a presenza, directa ou interposta, dalgún representante do equipo artístico responsable da curtametraxe.

11.- A selección dos tres (3) finalistas notificarase por correo electrónico a todos os participantes (tanto seleccionados como non). Esta información publicarase na web do Festival www.panic.aestrada.com

12.-Os concursantes responsabilizaranse de que non existan dereitos a terceiros polo uso das pezas musicais nas obras presentadas e responsabilízanse tamén dos dereitos de imaxe das persoas que aparezan nelas, eximindo á organización de calquera tipo de responsabilidade neste sentido. No caso de que se utilice unha pista de audio con material propiedade dunha compañía discográfica sen o seu permiso, non se aceptará a película a concurso.

13.- As curtametraxes presentadas pasarán a formar parte da videoteca do festival e serán publicados na súa web: www.panic.aestrada.com

14.-A inscrición no concurso implica a aceptación destas bases na súa totalidade.